A Estrada promove a conciliación familiar através dos Campamentos de Nadal 2023

 A iniciativa vai dirixida a rapaces e rapazas con idades
comprendidas entre os 3 e 12 anos, escolarizados e empadroados
no Concello da Estrada.
 O prazo para inscribirse irá desde o 27 de novembro ata o 15 de
decembro, ambos incluídos, nas dependencias de Servizos Sociais
ou na sede electrónica municipal.

O Concello da Estrada promove a
conciliación durante as vacacións de Nadal a través da convocatoria dos
Campamentos de Nadal 2023.
A iniciativa terá un total de 40 prazas dirixidas a rapaces e rapazas con idades
comprendidas entre os 3 e 12 anos, escolarizados e empadroados no Concello
da Estrada. 30 deles acudirán ás instalacións de SOEI e 10 ao Espazo
Concilia, e as sesións desenvolverase en horario de 08:30 a 14:30 horas os
días 22,26,27,28 e 29 de decembro e 2, 3, 4, e 5 de xaneiro.
Cada inscrición terá un prezo de 26 euros e o prazo para formalizalas irá desde
o 27 de novembro ata o 15 de decembro, ambos días incluídos.
No caso do segundo membro da unidade familiar inscrito farase un desconto
do 20%, e a partir do terceiro será de balde.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos
Sociais do Concello da Estrada, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a
venres, ou a través da sede electrónica municipal.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.