O Concello pon á venda as entradas para oconcerto de tributo a Phill Collins

 As entradas para a actuación de The Air Tonight, que se celebrará o
vindeiro 28 de decembro no Teatro Principal, xa están a disposición
do público no departamento de Cultura por un prezo de 5 euros.
 Tamén se informa de que se poden retirar os convites para os
concertos do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso e o
Concerto de Nadal da Coral Polifónica Estradense.

O departamento de Cultura do
Concello da Estrada puxo á venda as entradas para o concerto tributo ao
artista británico Phill Collins.
A actuación da agrupación The Air Tonight terá lugar o vindeiro día 28 de
decembro no Teatro Principal da Estrada a partir das 21:00 horas. A través da
mesmas as persoas asistentes poderán gozar dun espectáculo que rende
homenaxe a unha das figuras máis influentes da música nos últimos compases
do século anterior.
Ademais, desde a área de Cultura tamén se informa de que tamén se poden
recoller xa os convites para os concertos do Obradoiro de Música Moderna
Carlos Barruso do 22 de decembro e o Concerto de Nadal da Coral Polifónica
Estradense do 23 de decembro.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.