A veciñanza estradense poderá seguir osplenos en directo grazas á implantación dun sistema streaming

 O novo modelo que entrará en vigor na próxima sesión plenaria
permitirá que calquera persoa poida ver os plenos en directo desde
a web municipal.
 O novo equipamento consta de catro cámaras e un novo sistema de
microfonía.

O Concello da Estrada anuncia a
implantación dun novo sistema de gravación e retransmisión dos plenos
municipais. Este sistema, que entrará en vigor coa celebración da vindeira
sesión plenaria, permitirá a todos os veciños e veciñas acceder ás mesmas en
directo, promovendo unha maior transparencia.
O novo sistema de gravación e retransmisión dos plenos fai emprego de
tecnoloxía de última xeración para garantir a calidade e a fiabilidade das
gravacións. As sesións plenarias gravaranse en alta definición e
retransmitiranse en tempo real a través da páxina web municipal
www.aestrada.gal.
Este novo sistema de gravación e retransmisión dos plenos ofrece numerosos
beneficios para os veciños. En primeiro lugar, aumenta a transparencia e a
accesibilidade das sesións plenarias, o que permite á cidadanía estar mellor
informada sobre todas as decisións tomadas.
Ademais, o sistema tamén permite aos cidadáns acceder ás sesións plenarias
desde calquera lugar e en calquera momento, o que aumenta a participación
cidadá na vida política do municipio.
O novo equipamento está composto por 4 cámaras; 2 cámaras PTZ (Pan-Tilt-
Zoom) situadas nos laterais para primeiros planos ou planos cortos; unha
cámara Panorámica; unha cámara para votacións. Ademais tamén inclúe un
sistema de microfonía con unidade de debates dixital, unha plataforma de
gravación e reprodución de vídeo. Tamén se xerará unha vídeoacta en formato
electrónico cos documentos integrados e asinada de xeito electrónico, un portal
de reprodución de vídeos onde visualizar as gravacións, minutadas por
intervención e puntos.
O edil de Novas Tecnoloxías, Conectividade e Reto Demográfico, Manuel
Magariños, indica que con este novo sistema “búscase implicar á veciñanza
nas sesións plenarias, co fin de que estean informados e sexan partícipes das
decisións que se adoptan nestas”. Tamén recordou que coa implementación da

retransmisión en directo “facilitamos o achegamento de todos os veciños e
veciñas, evitando desprazamentos e garantindo que calquera persoa das 51
parroquias que integran o municipio poida ver os plenos desde o seu fogar”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.