A vixésimo sexta Miscelánea foi presentadacon doce novos artigos que afondan nacultura e identidade estradense

 O Museo do Pobo Estradense presentou onte no MOME a
publicación, nun acto no que interviñeron o presidente do
patronato e director da publicación, Juan Andrés Fernández Castro
e a edil Amalia Goldar.

O MOME acolleu onte a presentación
do vixésimo sexto número da Miscelánea, a publicación presentada polo
Museo do Pobo Estradense ‘Manuel Fernández Portela’ suma ao seu xa amplo
arquivo doce novos artigos que afondan no patrimonio local.
O acto estivo conducido polo presidente do patronato e director da publicación,
Juan Andrés Fernández Castro, quen foi o encargado de introducir a relación
de autores e autoras que interviñeron no novo número da publicación. No acto
tamén estivo presente a concelleira Amalia Goldar quen louvou “o traballo de
todas as persoas que coa súa investigación permiten preservar a historia da
nosa localidade e os seus tesouros naturais, patrimoniais e culturais”.
O actual impreso conta coa participación de Carlos Miramontes Seijas,
sacerdote nas parroquias de Arnois e Oia; de Luis Ferro Pego e Xosé Troiano
Carril; Guillermo González Raviña ; Javier García Gómez; Henrique Neira;
Ariadna Silva Fernández; Carmen María Sánchez Arines e Marga Fraga; José
Bértolo Ballesteros; Juan Andrés Fernández Castro; e Ofelia Rey Castelao.
Entre as temáticas tratadas inclúense estudos sobre elementos patrimoniais
como a sepultura románica presente na igrexa de Arnois, análises de
toponimia, a tradición dos campaneiros ou personalidades como as de Jacoba
Ozores ou a mestra María del Carmen Castro Dono.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.