A Estrada despide o 2023 cunha semanachea de actividades varias para todos os públicos

 Concertos, teatro, animación de rúa e as carreiras do día 31
pecharán a actividade cultural e deportiva.

O Concello da Estrada poralle esta
semana o punto e final ao 2023 cunha ampla oferta de actividades culturais e
deportivas dirixidas para todo tipo de públicos.
Mañá, mércores 27 de decembro, o Teatro Principal acollerá desde as 17:30
horas a representación da obra ‘Os Tres Porquiños’, por conta de Educa
Teatro. A obra, dirixida ao público familiar, narra a popular historia que vai
construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na
procura dos seus porquiños preferidos.
Tamén mañá, a partir das 18:30 horas, Moa Quinteto levará a cabo unha
actuación na Prazoleta.
O xoves, día 28, a diversión virá da man de Filipa co Nadal, de Bandullo Azul
na rúa Principal ás 18:00 e con Ce Orquestra Pantasma na rúa Principal e
na Sala Abanca ás 19:00 horas. Pola súa parte, ás 21:00 horas, o Principal
será o escenario do concerto tributo a Phill Collins por conta do grupo ‘In the
Air Tonight’.
A animación na rúa será a encargada de animar as tardes do venres e o
sábado cos espectáculos O dentista, de Troula animación, na rúa Principal
ás 18:30 e O Apalpador, de Os Monifates, na Prazoleta ás 19:30 horas,
ambos o venres, e coa Fanfarria Taquikardia, o sábado nas rúas Calvo
Sotelo, Serafín Pazo e Prazoleta desde as 18:30 horas.
Finalmente, o domingo 31 será o protagonista da despedida do 2023 cunha
dobre cita que se iniciará ás 09:30 horas coa saída da III San Silveira BTT e
terá continuidade ás 17:00 horas co inicio da XIII San Silvestre Estradense.
Ambas probas son de carácter non competitivo e para participar haberá que
doar un kg de alimentos non perecedoiros.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.