A Estrada desenvolverá en oito novasparroquias o programa de actividades para a prevención da dependencia

 Na última xunta de goberno local foi sometido a aprobación o
expediente deste servizo, valorado en 33.550 euros, que dará
servizo ao redor de 500 persoas.

O Concello da Estrada aumentará en
oito o número de parroquias nas que se impartirá o servizo de actividades para
a prevención contra a dependencia ao longo do vindeiro ano.
Durante a pasada xunta de goberno tratouse a aprobación do expediente
contratación deste servizo, que disporá dun orzamento de 33.550 euros e que
este ano se desenvolverá, conforme ás previsións, a partir do vindeiro mes de
marzo, tanto nas parroquias como nas instalacións do Novo Mercado.
Ao redor de 500 persoas xa están inscritas para participar no programa, no cal
se impartirán sesións de xerontoximnasia, memoria e pilates, debendo haber
un mínimo de 8 participantes para posibilitar a conformación dos grupos.
Ademais, implantarase un método de copago a través do cal as persoas
participantes deberán aboar unha contía de 15 euros por cada trimestre.
A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, celebra os avances neste
proceso dado que permitirán “achegarlle á veciñanza un servizo esencial que
axudará a promover un envellecemento activo tanto no casco urbano como en
moitas das nosas parroquias”. Do mesmo xeito, tamén celebrou ”poder
aumentar o número de parroquias aos que facer chegar este servizo, o cal
supón un reto dado o gran número de núcleos de poboación cos que conta A
Estrada”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.