Ao redor de 600 persoas despedirán o anocon deporte nas dúas probas solidarias de Fin de Ano

 A San Silveira suma 155 inscricións mentres que a San Silvestre
405, cifras que dependerán das condicións meteorolóxicas e que
poderá incrementarse coa xente que decida inscribirse ‘in situ’ no
mesmo día.

Onte pechou o prazo de inscrición
para participar tanto na III San Silveira de BTT como na XIII Milla San Silvestre
Estradense que se celebrarán como é tradición o vindeiro domingo, día 31 de
decembro.
Un total de 155 persoas participarán na San Silveira, mentres que 405
corredores daranse cita para participar na San Silvestre vespertina. Estas cifras
están supeditadas ás condicións meteorolóxicas e poden incrementarse coas
persoas que tramiten a súa inscrición no mesmo día achegando un quilogramo
de alimentos non perecedoiros que será posto en disposición de Cáritas.
Desde o Concello valoran moi positivamente a gran afluencia da San Silveira,
unha proba que se está consolidando con cada vez máis participantes. Do
mesmo xeito, tamén se congratulan polas cifras de asistencia á San Silvestre,
unha proba xa consolidada no calendario de actividades de Nadal na Estrada.
Polo tanto, o domingo abrirá coa II San Silveira, unha subida BTT ao Monte
Cabalar que se iniciará ás 09:30 horas desde a praza do Concello. A
actividade, catalogada de dificultade media, terá un percorrido de 20
quilómetros e a idade mínima para participar é de 10 anos, debendo estar
acompañados os menores por un adulto durante o transcurso da mesma.
Xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, dará comezo a recollida de dorsais para
a XIII Milla San Silvestre Estradense. A proba discorrerá nas categorías de
pitufos, con inicio ás 17:00 horas e un percorrido polas inmediacións da praza
da Feira.
As categorías de prebenxamín ata infantil corrern por un circuíto urbano con
saída desde a praza do Concello, pasando pola rúa Serafín Pazo, praza da
Farola, rúas Calvo Sotelo, Castelao e Irida, e chegada de novo ao punto de
comezo. O percorrido terá unha distancia de 800 metros e darase unha soa
volta ao mesmo.

Os participantes na carreira de cadetes ata veteranos realizarán o mesmo
traxecto, ao cal deberán dar 2 voltas, elevando a distancia a 1.6 quilómetros.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.