Os servizos principais foron a asesoría xurídica, a atención
psicolóxica e a atención ás vítimas de violencia de xénero
O Centro de Información á Muller do
Concello da Estrada pechou o ano 2023 atendendo un total de 618 consultas
nas súas instalacións a unha cifra de 92 mulleres.
Entre os servizos máis demandados polas persoas usuarias, o principal foi
asesoramento xurídico, cun total de 332 consultas, ségueno as consultas por
atención a vítimas de violencia de xénero e atención psicolóxica con 156 e 133
usuarias, respectivamente. Tamén se recibiron consultas solicitando
orientación laboral e información de diferentes recursos.
En canto ao perfil das persoas que fixeron emprego do servizo, a franxa de
idade dominante foi a comprendida entre os 25 e os 54 anos, cun total de 49
usuarias, máis do 50%.
O estado civil da maioría de usuarias é de situación matrimonial, 28, seguido
persoas divorciadas, 23 e en solteiría, 20. Por outra parte, a nivel laboral, 51
atópanse en activo mentres que 20 non.
Desde o CIM celebran poder “supoñer un recurso útil para moitas persoas que
precisan de asesoramento en diferentes eidos” e remarcan a necesidade “de
trasladar problemáticas sociais como é o caso da violencia de xénero para
poder analizar cada caso e ofrecer a maior e mellor axuda posible”







































