As súas Maxestades de Oriente iniciarán a súa cabalgata ás 18:00
horas xunto coa Banda Municipal da Estrada, o Obradoiro de
Música Moderna Carlos Barruso e Banda de Gaitas de Barbude.
Tamén haberá cabezudos e lanzaranse caramelos sen glute para
garantir o consumo de todas as persoas.
En caso de que as condicións meteorolóxicas impidan realizar a
cabalgata realizarase unha recepción no Teatro Principal.
O Concello da Estrada acollerá o vindeiro
venres, 5 de xaneiro, a visita dos Reis Magos que percorrerán as rúas do casco
urbano estradense antes de visitar os fogares para deixar os agasallos.
A cabalgata dará comezo a partir das 18:00 horas coa saída da comitiva real
desde o centro de saúde, na zona da Baiuca, para percorrer nun total de cinco
carrozas un itinerario que abarcará a rúa Varela Buxán, avenida Fernando
Conde, rúa Ulla, rúa Calvo Sotelo, Praza de Galicia, rúa Peregrina, rúa Capitán
Bernal, avenida de América, avenida Benito Vigo e recepción na praza do
Concello.
Na súa visita á Estrada estarán acompañados pola música dos integrantes do
Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, a Banda Municipal e a Banda
de Gaitas de Barbude. Ademais nunha das carrozas irá o Carboeiro para
identificar a eses cativos e cativas que non se portaron ben durante o ano e
tamén acompañarán o desfile cabezudos.
No desenvolvemento da cabalgata lanzaranse caramelos sen glute aptos para
ser consumidos por persoas que padezan da enfermidade celíaca.
Desde o Concello infórmase que no caso de choiva leve, e sempre cando as
condicións así o permitan, as súas Maxestades realizarán a cabalgata sen o
acompañamento musical, e no caso de que a climatoloxía impida a realización
da xornada, realizarase unha recepción no Teatro Principal.







































