O DELEGADO TERRITORIAL VISITA DÚAS ENTIDADES VECIÑAIS DO CONCELLO DA ESTRADA

  • Os veciños da parroquia mostraron ao delegado as melloras levadas a cabo nos seus locais sociais
  • Reguera destacou a importancia deste tipo de organizacións que manteñen “o rural vivo” e supoñen un punto de socialización para os máis maiores

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello da Estrada, onde acudiu aos locais sociais de dúas asociacións veciñais.

 

Reguera visitou primeiro a asociación de veciños de San Miguel de Cora onde coñeceu o espazo renovado onde a entidade organiza todo tipo de actividades e que sirve de lugar de reunión para a veciñanza da contorna. Neste sentido, Reguera lembrou que “conservar e coidar este tipo de estruturas é imprescindible para manter o rural vivo. Isto non é só un foco de interese para os veciños, é tamén unha oportunidade para toda esa xente maior que vive soa e que ten aquí un lugar agradable onde divertirse e relacionarse”.

 

Xa coa asociación de veciños Santa Cristina de Vea, Reguera comprobou o cambio que sufriu a fachada do seu local social que foi recentemente pintada e na que melloraron a accesibilidade da entrada.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.