A clausura do Panic e a inauguración do X Festival Convergencias dinamizarán a fin de semana na Estrada

·       O venres terá lugar a derradeira xornada do fetival Panic, cunha lectura de microrrelatos con Arantza Portabales, ás 20.30 na Casa das Letras, e a proxección de Pobres Criaturas, nos Minicines Central desde as 22.30 horas.

·       O sábado o Teatro Principal acollerá desde as 20.00 horas o concerto de Canto D’Aqui e a Banda de Música de A Estrada.

 

O Concello da Estrada propón para esta fin de semana inaugural de febreiro unha ampla variación de propostas culturais nas que a música e o cinema serán os grandes protagonistas.

Mañá, venres 2 de febreiro, o festival Panic pechará a súa vixente edición cunha dobre cita. Ás 20.30 horas, Arantza Portabales, levará a cabo unha lectura de microrelatos de terror na Casa das Letras e ás 22.30 horas dará comezo nos Minicines Central a proxección do filme Pobres Criaturas, autoría do cineasta grego Yorgos Lanthimos.

Pola súa parte, o sábado iniciarase a programación do X Festival Convergencias cun concerto que fusionará a música tradicional portuguesa e galega a través de Canto D’Aquí e a Banda de Música de A Estrada. A cita será no Teatro Principal ás 20.00 horas e nela incluiranse numerosos temas tradicionais baixo a reinterpretación de Filipe Cunha, autor portugués que engadiu novas sonoridades.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.