A Estrada apoia unha nova adscrición coafinalidade de reducir a saturación no IESAntón Losada e promover a formaciónprofesional no centro

 A edil de Benestar Social, Igualdade e Educación explicou hoxe os
detalles da nova adscrición do alumnado que permitirá
desconxestionar o IES Antón Losada, ofertando este estudos de
bacharelato e Formación Profesional.
 A aplicación desta medida está contemplada desde o vindeiro
curso, 2024/2025, e o alumnado que cursa actualidade estudos de
secundaria no centro poderá rematar os seus estudos no centro.
 A finalidade desta proposta e promover a Formación Profesional,
convertendo ao centro nun espazo atractivo tanto para o
estudantado local como para a mocidade da contorna.

O Concello da Estrada explicou hoxe a
través da concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación Social, Amalia
Goldar, a proposta da Xefatura Territorial da Consellería de Educación de
Pontevedra consensuada cos centros de ensino estradenses, para a adscrición
nestes, a cal ten por finalidade reducir o alumnado no IES Antón Losada a
través da supresión dos estudos de ensinanza secundaria no mesmo coa
finalidade de promover a formación profesional e equilibrar o fluxo de
estudantes nos outros institutos.
A medida, cuxa entrada en vigor está prevista para o vindeiro curso académico,
2024-2025, suporá que o alumnado de primaria do CEIP de Figueroa curse a
secundaria no IES Nº1, recinto que deste xeito aumentará o seu número de
alumnado e permitirá unha maior capacidade de subsistencia, mentres que os
nenos e nenas do CEIP do Foxo e o Cabada Vázquez serán adscritos ao IES
García Barros. Ademais, dita medida non afectará á mocidade que cursa
ensinanza secundaria no IES Antón Losada Diéguez xa que poderán rematar
ditos estudos no centro.
Dita adscrición xa conta con todos os informes favorables dos diferentes
departamentos involucrados e na actualidade restarían trámites coa
Consellería de Educación da Xunta de Galicia para a súa posta en marcha
definitiva.

A adscrición non suporá a obrigatoriedade de realizar os estudos nos centros
que correspondan en base á mesma, xa que tal e como marca a lexislación
vixente as familias terán a potestade de matricular ao alumnado no centro que
consideren, aínda que a prioridade será dos alumnos adscritos no seu
correspondente centro.
A edil, Amalia Goldar, mantivo reunións coas ANPAS dos diferentes centros
educativos para trasladarlle esta proposta, a cal non implicará modificacións nin
no servizo de transporte nin nos horarios de asistencia aos centros. Ademais,
un factor a ter en conta neste sentido é a proximidade dos mesmos, o cal
provoca que non haxa apenas modificacións nos desprazamentos.
Tal e como sinalou, a responsable de Educación, “a finalidade detrás desta
medida é aliviar o alto número de alumnado que estuda no IES Antón Losada,
ao mesmo tempo que se equilibra no do resto de centros de secundaria”.
Ademais, fai fincapé en que “desconxestionar o Antón Losada achegaranos á
materialización dun dos nosos grandes obxectivos en materia educativa;
convertelo nun centro no que se imparta unha ampla formación profesional que
lle garanta tanto ao estudantado estradense como ao de concellos da contorna
unha oferta diversa para poder formarse cerca dos seus fogares, sen
necesidade de realizar desprazamentos a outras localidades como Santiago de
Compostela ou Pontevedra”

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.