Luis López destaca que o PP na provincia dePontevedra obtivo o mellor resultado nosúltimos quince anos nunhas elecciónsautonómicas, tanto en votos como enporcentaxe

● O presidente provincial resaltou que “de novo tinguimos o mapa de azul
PP. Gañamos nas 10 comarcas, en 54 dos 61 concellos, e en case na
metade deles superamos o 50% dos votos”.
● “Pontevedra volcouse cun pontevedrés, o candidato Alfonso Rueda, que
ademais era o cabeza de lista pola nosa provincia e Pontevedra
concorreu masivamente ás urnas para confiar en Alfonso Rueda e no
proxecto da Galicia que funciona”, afirmou o dirixente popular.
● Pontevedra é a única provincia onde o Partido Popular mellora en votos.
“Gañamos mesmo en lugares onde tradicionalmente “se nos resistían”.
Como é o caso da Illa de Arousa –onde xa triunfamos nas municipais—
ou Fornelos de Montes, neste caso, por primeira vez en décadas.
● Ademais de gañar abrumadoramente nos municipios do rural, en Vigo
obtivemos o mellor resultado en 10 anos, o que confirma a senda de
crecemento do partido alí desde as pasadas municipais, e en
Pontevedra a vitoria é aplastante, con máis de 10 puntos de diferenza
sobre a segunda forza.

O presidente provincial do PP de Pontevedra,
Luis López, destacou hoxe que o Partido Popular na provincia de Pontevedra
obtivo o mellor resultado nos últimos quince anos nunhas eleccións
autonómicas, tanto en votos como en porcentaxe.
Luis López, acompañado da secretaria xeral, Luisa Piñeiro e parte dos 11
deputados electos pola provincia compareceu esta mañá na sede provincial


do Partido Popular para facer balance do resultado electoral na provincia de
Pontevedra.
“Pontevedra volcouse cun pontevedrés, o candidato Alfonso Rueda, que
ademais era o cabeza de lista pola nosa provincia. Pontevedra díxolle que
“non” á discordia do nacionalismo e aos muros do sanchismo e Pontevedra
concorreu masivamente ás urnas para confiar en Alfonso Rueda e no
proxecto da Galicia que funciona”, afirmou o dirixente popular.
Polo tanto, de novo tinguimos o mapa de azul PP, xa que gañamos nas 10
comarcas, en 54 dos 61 concellos, e en 29 (case a metade) superamos o
50% dos votos, resaltou Luís López
O presidente provincial agradeceu, en primeiro lugar o intenso traballo levado
a cabo polos militantes, cargos, interventores e apoderados do partido que
demostraron ser unha ferramenta imparable e unida ao servizo da provincia.
Agradeceu tamén aos 226.000 pontevedreses que –á espera dos resultados
definitivos e do voto exterior— depositaron a papeleta do Partido Popular nas
urnas da provincia: case un 44% do total emitido, o que valeu para manter os
11 escanos no Parlamento.
Luís López destacou que “na provincia de Pontevedra obtivéronse 34.500
votos máis que na convocatoria de 2020. Avantaxamos en case 8 puntos e
preto de 50.000 votos (47.821) á segunda forza, o BNG, e sacamos o triplo
de apoios que a terceira forza, o Partido Socialista, con quen nos separan 20
puntos e 150.000 votos”
Polo tanto, se nas municipais nos apoiaron o 36% dos electores e nas xerais
un 40%, nas autonómicas pasamos a obter un 44%, isto tamén referenda o
traballo que estamos a desempeñar, desde logo na Xunta, pero tamén na
Deputación e nos concellos, precisou Luís López.


Pontevedra é a única provincia onde o Partido Popular mellora en votos.
“Gañamos mesmo en lugares onde tradicionalmente “se nos resistían”.
Como é o caso da Illa de Arousa –onde xa triunfamos nas municipais— ou
Fornelos de Montes, neste caso, por primeira vez en décadas. Ademais de
gañar abrumadoramente nos municipios do rural, con curiosidades como a
mesa de Maceira, en Lalín, onde cun 80% do voto obtivemos o segundo
mellor resultado en Galicia”, explicou o presidente provincial.
“En Vigo obtivemos o mellor resultado en 10 anos, o que confirma a senda
de crecemento do partido alí desde as pasadas municipais, e en Pontevedra
a vitoria é aplastante, con máis de 10 puntos de diferenza sobre a segunda
forza”, rematou o presidente provincial.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.