A Estrada acolle este venres un obradoiro de alimentación saludable

 O taller pon o foco de atención na consciencia real sobre a nosa
alimentación, tentando resolver preguntas como: ‘Sabes realmente o
que comes?’

Coincidindo co mes no que se conmemora
o Día Mundial da Obesidade, o Concello da Estrada promove este venres, 15
de marzo, un obradoiro de alimentación saudable, que terá lugar ás 11:00
horas, na Sala MOME.
O taller porá o foco de atención na consciencia real sobre a alimentación,
tentando resolver preguntas como: ‘Sabes realmente o que comes?’. As
persoas participantes aprenderán, entre outras cousas, a descifrar unha
etiqueta nutricional para coñecer os compoñentes que se atopan nos produtos
que consomen.
As persoas encargadas do faladoiro serán Paula Mariño, dietista nutricionista e
investigadora posdoctoral; María Amosa Serto e María Francisca Leis Moledo,
enfermeiras especialistas en atención familiar e comunitaria; e Montserrat
Seoane Bello, enfermeira residente en atención familiar e comunitaria. O
obradoiro, que conta coa colaboración do Concello da Estrada, está organizado
polo centro de saúde da localidade.
O pasado 4 de marzo, conmemorouse o Día Mundial da Obesidade, que busca
concienciar sobre o dano que provoca no organismo unha dieta alta en graxas
e azucres. Os alimentos ultra procesados están á orde do día e é importante
coñecer os produtos que inxerimos para poder levar unha alimentación sa e
consciente. O obradoiro achegará as chaves principais para unha nutrición
equilibrada, en prol do beneficio da nosa saúde.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.