Chega a II Andaina ‘Camiño Miñoto en Flor’ ao concello da Estrada

 A cita terá lugar o domingo, 24 de marzo, con saída ás 9:30 horas
desde a igrexa de Pardemarín
 O itinerario da ruta terá unha distancia total de 15 quilómetros,
divididos en dous tramos con percorrido circular
 Ambos os dous tramos contarán ao remate con puntos de
avituallamento nos que se degustarán produtos estradenses

O Concello da Estrada organiza a
segunda edición do roteiro ‘Camiño Miñoto en Flor’ para dar a benvida á
primavera. A cita terá lugar o domingo, 24 de marzo, con saída ás 9:30 horas
desde a igrexa de Pardemarín.
O itinerario da ruta terá unha distancia total de 15 quilómetros, divididos en
dous tramos con percorrido circular. O primeiro deles, cunha lonxitude
aproximada de 7 quilómetros, corresponde ao Camiño Miñoto, e
desenvolverase desde o punto de encontro, na parroquia de Pardemarín, ata o
viveiro de fruticultura de Biofruitgalicia, no lugar de Ancorados. O segundo
tramo, cunha distancia aproximada de 7,5 quilómetros, correspóndese coa
Ruta da Sidra e transcorrera desde o lugar de Ancorados ao lagar de Sidra
Rabiosa, en Pardemarín.
Ambos os dous tramos contarán ao remate cunha etapa de avituallamento, nas
que se degustarán diversos produtos estradenses, sidras e zumes da
localidade. Ademais, as persoas participantes na andaina, gozarán da paisaxe
conformada polos arandos en flor no lugar de Ancorados.
As persoas interesadas en asistir, poderán inscribirse a través de WhatsApp,
contactando cos teléfonos 657 185 557 ou 686 413 824.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.