López antepón os intereses persoais aos dos veciños e veciñas da Estrada

Xoán Reices: «resulta irónico que nomeen a López conselleiro de cultura, lingua e xuventude, a quen ten mantivo nunha silveira a Torre de Guimarei, nada fixo polo noso idioma ao longo dos seus mandatos e a quen ten pechada a OMIX, toda unha declaración de intención de cal vai ser o traballo do xa ex-alcalde á fronte da consellaría»

 

Ante o salto do alcalde á política autonómica ao ser nomeado conselleiro de…  Xoán Reices afirma que «as ambicións persoais de López son lexítimas, mais hai un ano comprometeuse cos veciños e veciñas que o votaron para ser o alcalde da Estrada para 4 anos máis. Sen embargo, o candidato que pedía un 4×4 para este mandato, salta en marcha eludindo as súas responsabilidades e o seu compromiso como candidato e como alcalde electo».

O concelleiro do BNG explicou que «non agardamos nada de quen xa demostrou ser un pésimo xestor, que acaba de subirlle o IBI aos veciños e veciñas, porque non lle cadran as contas e por deixar un concello en peor situación que cando chegou á alcaldía». «Neste sentido, resulta irónico que nomeen a López conselleiro de cultura, lingua e xuventude, a quen mantivo nunha silveira a Torre de Guimarei, nada fixo polo noso idioma ao longo dos seus mandatos e a quen ten pechada a OMIX; toda unha declaración de intencións de cal vai ser o traballo do xa ex-alcalde á fronte da consellaría», afirma Reices e engade que «López foi un pésimo alcalde e será un pésimo conselleiro».

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.