O TSXG pon en evidencia que o PP é o pésimo xestor

Xoán Reices: «non toleraremos máis subidas de impostos nin  incrementar a débeda»

 «A inadmisión a trámite do recurso de casación que presentou o concello no TSXG é a demostración palpábel de que o PP é un pésimo xestor», afirma o concelleiro do BNG, Xoán Reices, «e o máis curioso é que o responsábel desta desfeita leva como premio dirixir unha consellaría na administración autonómica», afirma en referencia ao ex-alcalde, José López.

«Mais o peor de todo é que a pésima xestión do concello recaerá unha vez máis no peto dos veciños e veciñas», engade Reices, «que xa viron incrementado o IBI precisamente por non saber cadrar as contas, de gastar máis do que ingresa o concello». O concelleiro do BNG explica que «agardaremos a ver como soluciona isto o goberno do PP, mais non toleraremos máis subidas de impostos nin moito menos incrementar a débeda».

«Por outra parte», engade o concelleiro nacionalista, «queremos parabenizar ás traballadoras e traballadoras por defender os seus dereitos». «Mágoa que tivesen que recorrer ao TSXG pola intransixencia do PP a negociar unha saída a este problema que de seguro sería máis beneficiosa para todos e todas», afirma Reices.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.