O concelleiro de Deportes do Concello da Estrada, Ismael Pena, presentou estas actividades deportivas enmarcadas dentro do amplo programa das festas acompañado dos responsables de Bikestrada, Juan Vilariño, Socade, Manuel Ángel Pereiras, e Sondodance, Carlos Romero.
ruta en bicicleta de montaña do salmón
Sondodance
Campionato de baile do Caribe. O domingo día 19 celébrase no pavillón Coto Ferreiro a vixésima edición do Trofeo de Baile Deportivo Sondodance Concello da Estrada. Unha competición puntuable para o ranking nacional que servirá de prolegómeno ao Campionato Galego de Danzas do Caribe, que ofrecerá exhibicións de salsa, bachata e merengue, bailes que recentemente pasaron a formar parte do baile deportivo.
Carlos Romero explicou que as probas se desenvolverán ao longo de dez horas, enchendo durante todo o domingo o Coto Ferreiro de entre 300 e 400 parellas non só galegas, senón doutras partes de España e Portugal.
Obxectivo: 600 participantes. A ruta de BTT organizada por Bikestrada celebra a súa 26 edición con leves variacións no percorrido e as ganas de acadar o récord de participación tras as boas sensacións da pasada edición. O ano pasado inscribíronse 530 persoas e o límite está fixado en 600. Esta proba non competitiva partirá da Praza da Feira ás 16:30 horas do venres 17, modificando a idea inicial de celebrala o sábado para coincidir coa Raid. A distancia é de 40 quilómetros e o desnivel é de 750 metros. O percorrido continúa polos Chapurros e os arredores da praia fluvial de Liñares, tras cruzar a ponte medieval pasarán por Moreira, Barbude, onde bordearán o Castro, Paradela e as carballeiras de Pina de Abaixo ata chegar á Aldea Grande. Alí terá lugar a primeira variación, pasando a carón da leiteira de Ribeira xa que non se pode circular polo paso de pescadores por ser día de pesca. Continuará por Santeles, Cora, Toedo, Figueroa e A Cañoteira. Sortearán unha bicicleta dobre e a inscrición, por 16 euros, remata o 15 de maio. incursión hípica Carreira de resistencia. Socade organiza a XIII edición do Salmón Ecuestre Raid, unha proba na que non importa a velocidade, senón a resistencia dos cabalos. Nun percorrido no que buscan pasar o mesmo tempo lonxe do asfalto, haberá tres etapas de 30, 20 e 17 quilómetros. Así mesmo, disputaranse tres carreiras de promoción de 40, 60 e 80 quilómetros. Gaña o primeiro en recuperar a 58 batidas. A proba conta con exhaustivos controis veterinarios dos cabalos, con seguimento continuo para garantir a súa boa saúde. En cada ruta os cabalos terán que ser sometidos a un control por parte dos veterinarios para medir se están en pleno estado de saúde.
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies