Máis de 3.000 vasos vendidos e 5.000 litros de sidra escanciados na XI Festa da Sidra Estradense

Máis de 3.000 vasos vendidos e 5.000 litros de sidra escanciados. É o balance dunha nova edición -a undécima- da Feira da Sidra da Estrada, que este sábado volveu superar todas as expectativas.
Milleiros de persoas achegáronse ata a Praza da Constitución para degustar os caldos de 24 lagares, chegados dende A Estrada, outros puntos de Galicia, Asturias, Cantabria ,País Vasco, Navarra, León, Portugal, Francia ou Chequia. Todos eles levaron un bo sabor de boca.
A degustación arrancou ao mediodía e non tardou en encher de ambiente o casco urbano, nomeadamente a alameda municipal e as rúas Justo Martínez, Calvo Sotelo e Serafín Pazo, xunto coa Zona dos Viños. Os hostaleiros sumáronse a pé de feria, cunha decena de postos ofrecendo petiscos e racións para acompañar a sidra, con prezos de 4 e 7 euros.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, realizou a súa primera visita como á Feira da Sidra como miembro do goberno galego, acompañado do seu sucesor no executivo da Estrada, o alcalde Gonzalo Louzao Dono. Con eles estiveron José Balseiros, Antonio Crespo a deputada Cuntense Isabel Couselo e a membros do seú equipo.

GALERÍA GRÁFICA:

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.