PROGRAMA EMEGA

Desde o departamento de emprego do Concello da Estrada, comunicamos que no día de hoxe o
DOG publicou a convocatoria de solicitude de axudas para o fomento do emprendemento feminino
a través do programa EMEGA.
O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a
mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con
medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así
como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial
co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos
por mulleres.
Con esta finalidade, o programa Emega comprende as seguintes liñas de axuda:
a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en
marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia
e allea.
b) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación, a
consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras
para a mellora da competitividade, dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que
resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para
acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia, consolidación e mellora. En
ningún caso as ditas medidas poderán consistir na destrución do emprego existente por conta propia
e allea.
c) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de
iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica,
promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e
allea.
d) Liña Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Activa e ITEF para promover a
conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e
Concilia-persoas traballadoras por conta allea.
Como requisitos xerais establécese: que a muller beneficiaria iniciase a súa actividade no período
comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao
abeiro desta convocatoria e que se atope en situación de desemprego no momento de terse dado de
alta como autónoma.
As axudas parten de 10.000 euros e poden incrementarse en función das circunstancias da
promotora, así mesmo contan cun incentivo de 3.000 euros para favorecer a conciliación daquelas
mulleres que teñen fillos menores de 3 anos.
Desde o departamento de emprego do Concello da Estrada axudarase a realizar a tramitación
da mesma.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.