O Concello da Estrada ven de asinar un convenio de colaboración coa Cooperativa Maceiras do
Ulla- Ullama, en virtude do cal se lles cede o uso e desfrute dun espazo dentro do viveiro de
empresas para que poidan ter un lugar no que celebrar as súas xuntanzas e levar a cabo a xestión da
cooperativa.
Para o concello, este é un dos sectores económicos emerxentes máis importantes para o noso
municipio; xa que ademáis de xerar postos de traballo; ao longo de todo o ano empregan a máis de
20 persoas, manteñen actividade comercial cunha das empresas máis importantes da nosa
comunidade autónoma; Estrella Galicia, a través da súa marca Maeloc.
A cooperativa participa así mesmo de maneira activa na celebración da festa de sidra; un referente
que coloca o nome da Estrada cada ano, nun lugar máis importante dentro do sector sidreiro.
As previsións para a colleita deste ano son moi positivas xa que a cooperativa estima recoller máis
de 450 toneladas de mazá.
Desde o Concello da Estrada seguiremos a priorizar o apoio a todas as actividades económicas que
contribuan ao progreso do noso pobo.
O convenio asinouse por un período de dous anos e non terá custe algún para a cooperativa.
O Concello da Estrada ven de asinar un convenio de colaboración coa Cooperativa Maceiras doUlla- Ullama
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.