Hoxe a Estrada abre o escaparate que a sitúa como capital Galega do Moble








O Recinto Feiral da Estrada abriráhoxe as súas portas para celebrar unha nova edición da coñecida Feira do Moble de Galicia, número 36. Nesta ocasión serán máis de cincuenta os expositores que se darán cita, ata o domingo día 22, co obxectivo de amosar as súas innovacións no sector do moble, doméstico e decorativo. Son catro os pavillóns habilitados para o evento que se poden visitar con horario ininterrompido, durante os catro días, de 11:00 a 20:00 horas. O Martes asistiron ao acto de presentación o alcalde estradense, Gonzalo Louzao; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera Ocampo; a deputada provincial, Isabel Couselo; a representante da Cámara de Comercio de Pontevedra Vigo e Vilagarcía de Arousa, Lucía Pedroso e o presidente da Asociación Comarcal de Empresarios (ACE), José Luis Terceiro Carracedo. Coincidiron na importancia, madurez e necesidade de investir un ano máis no sector da madeira e do moble.





A inauguración oficial da 36a edición terá lugar hoxe, ás 12:00 horas, a cargo do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén Castro. E, ademais da tradicional visita ao recinto, haberá diferentes actividades –como sorteos entre o público asistente, actuacións de maxia, ou sesións informativas para mozos estradenses– que situarán A Estrada como a capital do moble en Galicia.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.