O Concello da Estrada, participa xunto cos concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Barro e Moraña na
posta en marcha dun novo programa integrado de emprego co obxeto de mellorar a
insertabilidade das persoas en situación de desemprego do noso municipio.
O obxectivo destas actividades será potenciar a inserción laboral, así como mellorar as
competencias de ditas persoas, á vez que supón un paso adiante na colaboración entre concellos de
cara a fortalecer o noso tecido social e produtivo, optimizando servizos e mellorando a calidade dos
mesmos.
O programa focalizará o seu traballo na atención dos seguintes colectivos, que son os que presentan
maior dificultade para insertarse no mercado laboral:
– Persoas menores de 30 anos en situación de desemprego e cunha baixa cualificación.
– Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
– Persoas con discapacidade.
– Persoas en situación de risco de exclusión social
– Persoas beneficiarias de RISGA.
Nesta edición poderán participar ata 100 persoas que reúnan algún dos requisitos sinalados
anteriormente.
O programa inclue a realización de accións formativas, todas eles cunha alta porcentaxe de
empregabiliade así como a realización de prácticas en empresas e finalmente a inserción laboral
total.
As formacións levaranse a cabo entre Cuntis e A Estrada e serán totalmente gratuítas para as persoas
seleccionadas. Inclúen desde cursos de carretilla; loxística; supermercado; prevención de riscos
laborais; ata formacións directamente relacionadas cos oficios como son a fontanería, a soldadura
ou a electricidade. Ademáis cada alumno/a poderá gozar dunha bolsa para gastos.
O último ano no que o Concello da Estrada tivo un Programa Integrado de Emprego, foi no 2020,
sendo que se acadou un 100% de inserción laboral das persoas partipantes polo que asumimos con
moita ilusión este novo reto esperando que teña unha gran acollida entre a veciñanza estradense que
se atopa en situación de desemprego.
Novo programa integrado de emprego en A Estrada
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.