A Residencia volve a estar aberta a todos os maiores Estradenses


A residencia pública da Estrada quere abrirse a todas as persoas maiores do municipio como centro de encontro e actividade sociocultural. En realidade sempre foi. Funcionou como tal ata que chegou a pandemia, pero despois a crise sanitaria obrigou a pechar por completo todas as residencias. E iso non é bo. Nin para os 31 veciños, que perden unha excelente oportunidade de interacción social na súa propia casa nin para o resto de maiores da Estrada, que perden un lugar de encontro, ocio e socialización. O alcalde estradense, Gonzalo Louzao, e o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitaron onte as instalacións co obxectivo de promocionar esta faceta da residencia como centro sociocultural aberto a todos os veciños e anunciar unha estreita colaboración entre os aumentar o número de actividades ofertadas.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.