.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou, xunto ao director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, nun exercicio de preparación para a resposta ante unha emerxencia nas instalacións de EXOLUM.
O exercício, que tivo lugar na sede do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, contou coa presencia de responsables dos distintos corpos e entidades que participarían na toma de decisións e execución en caso de emerxencia.
O delegado territorial sinalou a importancia de contar con este tipo de reunións que permiten «ter todo preparado para poder actuar con rapidez e efectividade no improbable caso de que algún dia teñamos que facer fronte a unha emerxencia deste tipo».