Achegará o seu espectáculo Síntese Horizonte para o público estradense. As entradas están á venda na plataforma Entradium
A artista Guadi Galego achega por primeira vez o seu espectáculo Sintese Horizonte á Estrada, nunha cita no Teatro Principal que comzará ás 21 horas. As entradas xa están á venda na plataforma Entradium.
Síntese Horizonte é unha proposta expresamente concibida para teatros, na que Guadi Galego se acompaña de grandes artistas do país. É o caso da banda conformada por Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percusión) e Álex Fernández (teclados). Completan a formación, como vocalistas e pezas chave do directo, Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Jiménez.
Guadi Galego xa percorreu os principais escenarios de Galicia con este espectáculo. A cita na Estrada forma parte da xira de despedida de Síntese Horizonte, que celebrará o seu último concerto no mes de outubro en Compostela.





































