A ESTRADA ACOLLE ESTE XOVES UNHA XORNADA INFORMATIVASOBRE O ACOLLEMENTO FAMILIAR

 Será no MOME, entre as 19.00 e as 21.00 horas
 A convocatoria trata de dar a coñecer a realidade destas nenas e nenos,
sensibilizar á sociedade e procurar familias interesadas en constituírse
en referentes estables e protectores para estes cativos

O departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada
promove para este xoves, 13 de marzo, unha charla informativa sobre o programa de
acollemento familiar En Familia, pensado para nenas, nenos e adolescentes que residen en
centros de protección e non dispoñen de alternativas familiares. A sesión formativa celebrarse
na Sala Mome, entre as 19.00 e as 21.00 horas.
A charla informativa trata de dar a coñecer a realidade destas nenas e nenos, sensibilizar á
sociedade e procurar familias interesadas en constituírse en referentes estables e protectores
para estas nenas. O obxectivo é evitar ou poñer fin a longas estancias nos recursos residenciais
para favorecer o adecuado desenvolvemento da nenas e nenos, contribuíndo na reparación do
seu dano.
Dende En Familia explícase que a protección da infancia en risco ou desamparo motiva, en
moitos casos, a asunción da tutela ou da garda por parte da Administración e, se ben as leis
establecen a prioridade do acollemento familiar sobre o residencial, a realidade amosa que un
alto número de nenas e nenos permanecen por longas tempadas en centros residenciais
(aproximadamente o 42% das situacións de tutela e garda).
En familia ocúpase, de xeito especial, daquelas nenas e nenos que levan máis tempo residindo
nos centros e para os que, en moitos casos, o futuro pasa por continuar no recurso de protección
ata a maioría de idade para retornar á familia de orixe nas mesmas condicións de desprotección.
Indican que habitualmente estes cativos teñen máis de 7 anos, moitos chegando ou xa entrados
na adolescencia, e precisan crecer nunha familia onde desenvolverse en plenitude, sentíndose
queridos, respectados e protexidos.
O programa forma parte da estratexia de desinstitucionalización e fomento do acollemento
familiar da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e conta co seu apoio e
financiamento a través dos fondos NextGeneration da Unión Europea.

Dende o departamento que dirixe a edil Amalia Goldar animouse hoxe aos estradenses a
achegarse ata esta charla informativa o vindeiro xoves para coñecer, de primeira man, o
funcionamento do programa para favorecer esta protección ás nenas e nenos que a precisan

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.