O Concello e Hostaleiros da Estrada compartiron esta
tarde mesa de traballo para iniciar os preparativos dunha nova edición das xornadas de
degustación “Santas Tapas”, unha iniciativa que se vén celebrando dende hai xa anos en
diferentes locais do casco urbano estradense no marco da Semana Santa.
O concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, reuniuse con integrantes da
asociación que representa aos hostaleiros do municipio para avanzar no deseño da
campaña, na que está prevista a participación de 29 establecementos, unha das cifras
máis elevadas das últimas convocatorias.
A xeito de avance, dende a organización especificouse que se traballa en varias
novidades para que o programa Santas Tapas continúe incrementando a súa capacidade
de atracción no público foráneo, toda vez que seduza aos estradenses a confiar coma ata
agora na hostalería local para gozar das vacacións de Semana Santa.
De igual xeito, unha das propostas que se están valorando é que este ano os petiscos
preparados polos participantes combinen a cociña tradicional con suxestións propias da
cociña de fusión.
As xornadas de degustación arrancarán na tarde do mércores, 16 de abril, e continuarán
ata o domingo 20. Concello e Hostaleiros da Estrada presentarán nos próximos días a
cartelaría promocional desta iniciativa e novos detalles para axuden a ir xerando
expectativa arredor desta nova edición.
O CONCELLO E HOSTALEIROS DA ESTRADA INICIAN O DESEÑO DUNHANOVA EDICIÓN DAS XORNADAS DE DEGUSTACIÓN “SANTAS TAPAS”
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.