Por terceira vez consecutiva, o Concello da Estrada será unha das sedes do Campionato de Europa de Rallye Raid de Orientación, proba presentada baixo o nome de Adventure Galicia.
É a única proba en España desta especialidade, con 1.581 quilómetros de percorrido polos montes e estradas de Galicia.
Os motores ruxirán dende o 28 de marzo ata o 5 de abril, con ata 120 participantes.A proba presentouse esta mañá no salón de plenos do Concello da Estrada, coa participación do director deportivo da Adventure Galicia, Javi Campos, o presidente da Federación Galega de Motociclismo, José Canda, o deseñador do percorrido, Javi Quintas, a deputada provincial Belén Cachafeiro e o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao.

A Estrada será o centro neurálxico da proba, que tamén chegará a puntos como Manzaneda, Baiona ou Muros, entre outros moitos, con etapas que enfrontarán aos deportistas a probas de ata 378 quilómetros por xornada.
A entrega de premios será na Estrada, despois da sétima e última xornada.







































