A autora de “Matriarcas” ou “Chea de vida” amosará na Estrada un
programa musical concibido expresamente para o directo.
Estará acompañada dunha portentosa banda e cunha produción que
destaca pola súa coidada iluminación e posta en escena.
Guadi Galego, unha das voces femininas máis
destacadas e con maior proxección na escena galega, chega este venres ao Teatro
Principal da Estrada para ofrecer o espectáculo “Síntese Horizonte”, una aposta da
propia intérprete pola evolución do seu son. As entradas están xa á venta no
departamento municipal de Cultura do Concello da Estrada, con un prezo de 10 euros.
Autora de temas tan coñecidos como “Matriarcas” ou “Chea de vida”, Guadi Galego
lanzou en setembro de 2023 o seu sinxelo “O.D.A.”, coa que emitiu a súa propia mensaxe
ao mundo, confirmando que continúa atravesando etapas pensadas para abrir novos
horizontes. Con “Síntese Horizonte” achega un espectáculo concibido expresamente
para representar en directo.
Deste xeito, a artista estará sobre as táboas do Principal acompañada por unha
portentosa banda e cunha produción que destaca pola súa coidada iluminación e posta
en escena. A proposta pasou xa por algunhas das principais cidades galegas, colgando en
varias delas o cartel de ‘entradas esgotadas’. A xira deste espectáculo rematará en
outubro deste ano na Sala Capitol.
Natural de Cedeira, Guadi Galego emprendeu a súa carreira musical sendo moi nova. No
ano 1977 entrou formar parte do mítico grupo Berrogüetto en calidade de vocalista,
gaiteira e pianista. Gravou con eles tres discos. Comezaron entón os recoñecementos e
premios, ata que en 2009 emprende a súa andadura en solitario. Tras varios traballos
discográficos, en 2019 estrenou “Immersion”, un repaso por tres dos seus discos
anteriores pero interpretados en sete linguas peninsulares, da man de artistas comoIván
Ferreiro, Clara Peya, Xabier Díaz ou Lisandro Aristimuño. Este álbum valeulle o Premio á
Promoción da Realidade Pluriligüe no Estado. Con dous premios Martín Códax tamén no
seu haber, en 2020 lanza “Costuras” e dous anos despois chegou “Roibén”.







































