O funcionamento do servizo detallarase no momento da súa primeira
visita á vila, o mércores 16 de abril
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, asistiu
este mediodía á Subdelegación do Goberno en Pontevedra para a presentación oficial
das furgonetas VIDOC da Policía Nacional, que realizarán o servizo itinerante de
expedición do Documento Nacional de Identidade (DNI).
Un destes vehículos visitará o municipio estradense por vez primeira o mércores 16 de
abril, momento no que se darán todos os detalles do funcionamento dunha unidade que
permitirá aos estradenses a xestión e expedición do DNI e pasaporte nun mesmo día e
sen teren que desprazarse a outras localidades.







































