Os seus pratos, varios deles con presenza de sidra ou mazá, serviranse no
horario matutino da degustación sidreira, dende as 12.00 ata as 15.00.
A organización baralla unha venta anticipada destes tickets, logo de
teren comezado xa coa que distribúe os vasos e que se programa nas
xornadas de feira dos mércores e sábados.
Adquirindo o vaso conmemorativo desta edición a 7 euros, poderá
degustarse a sidra dos 24 lagares participantes.
Concello da Estrada e Asociación Maceira e Sidra
traballan estes días de xeito coordinado nos últimos preparativos que comporta a
organización da XII Feira da Sidra, que se celebrará na Praza da Constitución o sábado 7
de xuño. O edil de Promoción Económica, Óscar Durán, confirmou hoxe a implicación da
hostalería local para acompañar a degustación de sidra de diferentes tapas e racións
pensadas coma unha boa maridaxe cos caldos que ofrecerán os 24 lagares presentes na
cita.
Segundo os datos que barallaba hoxe o edil, serán unha decena de postos os que se
instalarán nun extremo do recinto, previsiblemente no lado oposto ao palco da música.
Todos eles ofrecerán tapas a un prezo de 4 euros e racións a 7 euros, quedando á súa
elección se son propostas salgadas ou doces.
• Malo Será. Terá tapa de Fajita de polo, por 4 euros.
• A Casa do Pan. O seu serán dúas tapas (4€ cada unha): Empanada de carne e
torta de mazá.
• O Candil de Silvia. Tamén escolle dúas tapas: Cochinita asada tipo pibil e Flan de
queixo.
• Velis Nolis. Kokotxas con fabes (ración, 7€), Fideua de choco e gamba (tapa e
ración) e mexillóns con vinagreta de sidra (tapa e ración).
• Río Liñares. Ensaladilla (tapa) e Bocata pulled pork á sidra (ración).
• A Fogaza. Bolo preñado (tapa).
• O Lar. Tortilla española (tapa) e Bocadillo de xamón asado (ración).
• A Artesa. Terá dúas tapas: pizza e empanadilla de mazá.
• A Riala: Arroz con cogomelos (tapa e ración).
• A Lacena de Chucha: callos e fabada (tapas e racións).
Durán explicou que a organización está contemplando agora a posibilidade de poñer
tamén en venta anticipada os tickets de tapas e racións, ao obxecto evitar ou reducir as
colas. Precisou que, en todo caso, esta venta limitaríase aos establecementos que
participan na Feira da Sidra o día 7.
Vasos xa á venda
Neste senso, cómpre sinalar que a venta anticipada dos vasos que se empregarán este
ano na degustación de sidra está xa en marcha dende o pasado sábado. O mércores
volverá estar operativa, xa que os vasos facilitaranse (a un prezo de 7 euros cada un) no
Novo Mercado os días de feira, tanto nas xornadas do mércores como nas do sábado.
De xeito individual, cada persoa que teña un destes vasos poderá consumir, as veces que
desexe, de todas as sidras presentes nesta gran mostra. Este ano hai récord de
participantes, con 24 lagares de cinco países.
Cómpre indicar que a degustación da hostalería limitarase ao horario matutino da feira,
de 12.00 a 15.00. A tarde resérvase unicamente a saborear a sidra dos diferentes lagares
presentes, dende as 19.00 ata as 21.00. Nas dúas partes da feira haberá ambientación
musical, de mañá a cargo de Os Bregadiers e Señora DJ e, pola tarde, con Rebelda Band e
Fanfarria Takikardia. Ademais, xa contando coa iniciativa privada, haberá tardeo na Rúa
Serafín Pazo, cubrindo o tempo sen actividade na Praza da Constitución.







































