ABREN A ENTREGA DAS ACTAS DE OCUPACIÓN PARA PROLONGAR AAUTOVÍA AG-59 ATA O ROLLO, CON 214 FINCAS DUNS 170PROPIETARIOS AFECTADAS

 A unidade técnica chegou hoxe ao Teatro Principal, onde permanecerá
instalada ata este xoves.
 A edil Amalia Goldar participa no proceso como representante do
Concello no que se efectúa a expropiación.

A titular estradense de Urbanismo, Amalia Goldar,
visitou esta mañá aos técnicos da unidade desprazada esta semana ata o Teatro
Principal da Estrada para facer entrega das actas de ocupación dos terreos que serán
expropiados para poder prolongar a autovía Santiago-A Estrada ata O Rollo, xa na
parroquia estradense de Santa Cristina de Vea. En relación ás 212 fincas que finalmente
están suxeitas a este trámite de expropiación están citados para estes días arredor de
170 propietarios.
Este servizo quedou instalado a primeira hora desta mañá no piso superior do Principal,
onde serán atendidos os propietarios afectados ata o vindeiro xoves. Haberá citas de
mañá e tarde ata o mércores, de xeito que o xoves só se preste atención ao público en
horario matutino.
Ademais de proceder a asinar cos propietarios dos terreos as actas de ocupación, o
persoal desprazado ata A Estrada entregará tamén as notificacións de intento de mutuo
acordo e a folla de valoración polas fincas que se ven afectadas pola prolongación da
AG-59.
Amalia Goldar participa neste trámite como representante do concello onde se realiza
esta expropiación. De feito, a conselleira de Urbanismo ten que asinar as 600 actas de
ocupación que será entregadas, tal e como se avanzou nos últimos días.
Namentres se avanza neste proceso, a Xunta de Galicia ten xa en fase de licitación as
obras que suporán xa a ocupación destes predios, traballos que continuarán esta vía de
alta capacidade libre de peaxe dende Pontevea ata O Rollo. Contan cun orzamento de 33
millóns de euros e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata ovindeiro 24 de xuño, coa previsión de que os traballos poidan comezar no outono. O
prazo de execución estenderase ata finais de 2028.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.