UNS 200 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN O SÁBADO NA GALA INFANTILDE JUDO BASE QUE SE CELEBRARÁ NO COTO FERREIRO

Arredor de 200 deportistas participarán este sábado, 7 de
xuño, na sétima edición da Gala Infantil de Kyus, unha cita de judo base na que os
asistentes optarán ao cambio de grao como broche da tempada. A gala abrangue
participantes dende os 3 anos ata a categoría alevín. Ademais, aproveitando a montaxe
que se efectuará no pavillón Coto Ferreiro da Estrada realizaranse tamén os exames de
cintos de deportistas pertencentes a categorías superiores á indicada.
A gala, que arrancará ás 10.00 horas, concíbese como unha cerimonia de fin de curso
onde os judokas realizan un exhibición baseada na metodoloxía progresiva do club,
dividida por niveis, na cal cada nivel corresponde a un grado completo ou dous medios
grados. Deste xeito, durante as exhibicións demostraranse as habilidades técnicas
adquiridas durante o curso, que lles valerán aos deportistas para subir de nivel e cambiar
a cor que lucirán no seu cinto.
A demostración faise por parellas, nun intento por respectar as orixes deste deporte
pero cun enfoque máis informal e moderno. Artéllanse en dúas saídas: a primeira para
demostrar as habilidades en judo chan e, a segunda, para as referentes a judo pé.
O evento dividirase en 6 tatamis de 6×6 metros, de xeito que aproximadamente 17
parellas realizarán a súa exhibición sobre cada tatami. Cada unha das parellas realizará
dúas saídas, cunha duración que variará entre 3 e 5 minutos, dependo do nivel. Así,
estímase que a exhibición terá unha duración de 2 horas, ás que sumará media hora
adicional destinada á presentación´no, entrega de agradecementos e demostración do
equipo técnico do club.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.