O CONCELLO INICIA O PROCEDEMENTO PARA REHABILITAR DÚASANTIGAS VIVENDAS ESCOLARES DE CORA PARA EMERXENCIA SOCIAL

• Contarán cun orzamento de 85.600 euros, cos que se actuará nos dous
inmobles do piso superior desta escola rural.
• A administración local elabora un regulamento que ordene os usos deste
recurso puntual e temporal.
• A pretensión do goberno é que poidan estar dispoñibles cara finais de
ano.

O Concello da Estrada acaba de emprender o
procedemento para a contratación das obras previstas no proxecto de rehabilitación e
equipamento de dúas vivendas situadas na casa escola da parroquia de Cora, ao obxecto
de destinalas a emerxencia social. O goberno que encabeza Gonzalo Louzao deu esta
semana luz verde para lanzar a licitación duns traballos que terán un prazo de execución
de seis meses.
Esta actuación ten asociado un investimento de 85.680 euros, dos que arredor de 72.000
serán aportados a través dunha axuda da Dirección Xeral de Inclusión Social,
dependente da Consellería de Política Social e Igualdade. O executivo local advertiu a
oportunidade de aproveitar as axudas que a Xunta de Galicia, a través do referido
departamento, concede para a rehabilitación ou equipamento de edificacións en
vivendas dos concellos que poidan ser destinadas á atención de persoas sen fogar para o
período 2024-2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia,
financiado pola Unión Europea.
Neste intre, as vivendas situadas na planta alta da antiga casa escola de Cora atópanse
en mal estado, sendo preciso o acondicionamento interior, a substitución das ventás e o
equipamento dos espazos existentes para a súa utilización como recurso residencial.
Regulamento
Á vez que avanza no procedemento para o inicio das obras, o departamento municipal
de Benestar Social, coordinado pola edil Amalia Goldar, traballa tamén na confección
dun regulamento de emerxencia social, destinado a regular os usos para inmobles como
os que agora se rehabilitarán na parroquia de Cora.
A concelleira precisou hoxe que o que se persegue no marco deste regulamento é
clarificar que este é, en todo caso, un recurso de carácter puntual. As vivendas de Cora
servirían, pois, para axudar a persoas a dispor dun teito nun momento no que precisan
unha solución residencial por estaren atravesando unha situación de emerxencia social.
“É importante que todo o mundo saiba que é un recurso temporal, cunha duración
definida sempre cos correspondentes informes técnicos”, sinalou Goldar.
As previsións que baralla o goberno pasan por que estas vivendas poidan poñerse en
funcionamento para emerxencia social cara finais de ano, momento para o que se
agarda o remate das obras e o equipamento dos inmobles, ademais de teren listo o
regulamento de usos.
As obras
O proxecto de obras configurado dende o Concello da Estrada contempla a retirada das
deterioradas instalacións existentes, caso das carpintarías ou os equipamentos actuais.
Demoleranse alicatados e solados e instalaranse outros novos nos baños e cociñas,
xunto coa pavimentación, en plaqueta cerámica, para toda a superficie das vivendas.
Farase un saneado de paramentos e teitos interiores mediante lixado, imprimación e
pintado. Substituiranse as carpintarías exteriores e dotarase ao inmoble de nova
instalación eléctrica e de fontanería.
Xa no tocante ao equipamento, instalaranse mobles de cociña nas dúas vivendas, cos
seus correspondentes electrodomésticos. Ou dous inmobles contarán cunha mesa e
catro cadeiras, así como armarios en dormitorios. Instalaranse en ambas estufa de
pellets de 12 Kw

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.