As luminarias ornamentais xa están sendo instaladas, dotadas con
sistemas LED para mellorar a eficiencia enerxética.
Os cambios chegan tamén á zona residencial, tanto a máis próxima á
igrexa como a ambas marxes da rúa que limita coa urbanización de
chalés
O Concello da Estrada está executando cambios na
iluminación da Praza da Inmaculada e o seu entorno, unha actuación que pretende
renovar os deteriorados puntos de luz existentes neste enclave urbano e atender as
peticións da cidadanía para que a zona teña unha maior intensidade lumínica.
O alcalde, Gonzalo Louzao, explicou que a medida afectará a todas as luminarias
existentes nesta céntrica praza, protagonizada polo templo parroquial de San Paio.
Algunhas delas xa foron substituídas e a medida continuará polos puntos de luz
ancorados na zona de vivendas máis próxima á igrexa, así como a ambas marxes da rúa
que limita coa urbanización de vivendas unifamiliares que arranca no cruce coa Rúa
Catro Camiños.
O rexedor sinalou que se buscaron farois que harmonicen coa contorna na que se
instalan e co patrimonio existente nel. Estes puntos de iluminación estarán dotados con
bombillas led para mellorar, asemade, a eficiencia enerxética.
Recoñeceu o alcalde que os farois anteriores presentaban un avanzado estado de
deterioro e sinalou que os cambios que xa se efectuaron tiveron pronta resposta entre
os veciños, que xa tiveron ocasión de trasladar ao Concello a mellora que apreciaron
estes días na iluminación da Praza da Inmaculada e do seu entorno







































