Da man de Fundación Amigos de Galicia e Política Social, estas sesións
están fixadas nos xoves 2 e 9 de outubro e nos venres 3 e 10.
Entre os contidos estará como usar o caixeiro automático, unha
máquina de quendas nun centro de saúde, o teléfono móbil ou
aplicacións como a do Sergas.
O Concello da Estrada, en colaboración coa
Fundación Amigos de Galicia e a Consellería de Política Social, promove a posta en
marcha do programa “Mellor Acompañad@”, de promoción do emprego das
Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) entre as persoas maiores. Está
dirixido a persoas que viven en situación de soidade, proporcionándolles un apoio y
fomentando o envellecemento activo, da man tamén da sociabilización e a
dixitalización.
A actividade desenvolverase os xoves 2 e 9 de outubro e os venres 3 e 10 do mesmo mes,
en todas as xornadas en horario matutino, de 10.00 a 12.30. A formación realizarase nas
oficinas de Aestradadixital, situadas no número 94 da Avenida Benito Vigo.
As inscricións poden realizarse xa no departamento de Servizos Sociais do Concello da
Estrada, ata completar as prazas de matrícula. O Concello volve apostar por esta
convocatoria tras o éxito acadado por edicións anteriores.
Independencia dixital
E esta unha formación dirixida a fomentar a independencia dixital das persoas maiores,
buscando que poidan levar a cabo as súas tarefas de maneira autónomo. Deste xeito,
estes obradoiros contan cun simulador de caixeiro automático bancario e teléfono móbil
para que, de forma práctica, o alumnado poida experimentar unha aprendizaxe
significativa e interiorizar as actividades propostas. Son supostos tan habituais como o
de solicitar unha cita médica, agardar quenda no seu centro de saúde, sacar diñeiro no
caixeiro, actualizar a súa cartilla ou manexar un teléfono móbil.
Polo tanto, máquina de quendas, teléfono móbil, caixeiro automático, a aplicación do
Sergas, Chave 365 ou outros trámites figurarán como principais contidos destas sesións
para familiarizar aos maiores na Estrada co uso das TIC no seu día a día.







































