O CONCELLO EMPRENDE EN TOEDO A OBRIGATORIA SECTORIZACIÓNDA REDE PARA ELEVAR O CONTROL DO ABASTECEMENTO DE AUGA

O concelleiro delegado de Servizos Municipais,
Óscar Durán, informou hoxe do corte no subministro de auga que experimentará o
vindeiro luns, 15 de setembro, o polígono industrial de Toedo. Esta interrupción no
abastecemento obedece aos traballos para a instalación dun contador de agua no
principal parque empresarial do municipio estradense. Será, ademais, a primeira
actuación do plan de sectorización que o Concello da Estrada comenza a executar na
rede pública de distribución de auga, en cumprimento dunha normativa europea
-replicada por mandato estatal e indicación autonómica- que busca garantir a eficiencia
nas traídas de auga.
Durán trasladou hoxe, para coñecemento de todos os empresarios asentados neste
polígono, que o corte do abastecemento arrancará ás 20.00 horas, estimando que o
servizo poida quedar restablecido arredor das 22.00. Dende o goberno escolleuse esta
franxa horaria coa intención de que o impacto da instalación deste contador sexa o
menor posible na actividade diaria do parque empresarial. Este dispositivo controlará o
funcionamento da rede en todo o polígono, rexistrando os consumos e servindo de
ferramenta de control ante posibles fugas.
O concelleiro de Servizos Municipais sinalou que a sectorización da rede continuará por
outros puntos do municipio, sendo a Zona Deportiva a seguinte na que se instalará un
destes dispositivos de control. “Iremos incrementando esta sectorización de xeito
progresivo, a través de novos contadores e de sistemas de apertura e corta de auga”,
apuntou Óscar Durán.

O edil detallou tamén que o obxectivo desta medida é chegar a un coñecemento máis
profundo da distribución da auga. “Se sabemos a auga que sae de estación de
tratamento temos que saber a auga que se consume”, explicou. Seguidamente, dixo que
a normativa esixe ter o control sobre o 75% da auga distribuída, de xeito que no se
supere o 25% de incontrolado.
No marco destas medidas, o Concello irá instalando, de xeito progresivo, contadores de
auga en todos os edificios municipais, nun intento por incrementar todo este control no
servizo en aras a acadar unha maior eficiencia da rede de abastecemento pola vía de ter
máis definidos os consumos e controladas as fugas.
Remarcou hoxe Óscar Durán que esta sectorización da traída estradense ten un carácter
obrigatorio. Sinalou que, no caso do polígono industrial de Toedo, as tarefas
programadas para o vindeiro luns teñen tamén como cometido realizar un control da
presión da agua. Isto último ponse ao servizo de intentar evitar as roturas por presión.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.