ARRANCA A MONTAXE PARA QUE A ESTRADA SE CONVERTA, DENDEESTE VENRES, EN SEDE PARA COPA 5X5 BALONMÁN NA RÚA

A Federación Galega de Balonmán iniciou hoxe a
montaxe das gradas e pistas para que a A Estrada se converta, dende este venres e ata o
domingo, na cuarta sede da Copa 5×5 Balonmán na Rúa, organizada pola Deputación
Provincial de Pontevedra e a citada federación. O evento inclúe á Estrada xunto con
Vigo, Redondela e A Cañiza.
A cita desenvolverase na Praza da Constitución, aos pés do consistorio estradense, e está
aberta á participación de equipos (de entre 5 e 8 xogadores) das categorías benxamín
(anos 2016, 2017 e 2018) e alevín (2014 e 2015). Todos eles recibirán unha equipación
por participar. Deberán acudir cunha persoa responsable maior de 16 anos.
O venres a competición desenvolverase de 16.00 a 20.00 horas. O sábado será de 10.00
a 14.00 e de 16.00 a 20.00, mentres que o domingo o horario será de 10.00 a 14.00,
momento este último no que se fará a entrega de premios.
“É unha gran oportunidade para darlle visibilidade ao balonmán, sacando este deporte
dos pavillóns, para achegalo a todos os públicos na rúa, montando unha gran festa lúdica
e deportiva”, dixo o edil de Deportes, Ismael Pena. “Agardamos que este evento nos dea
ese empuxón definitivo para asentar o balonmán na comarca de Tabeirós-Terra de
Montes e, para iso, que mellor escaparate que ubicalo na Praza da Constitución, no
centro da vila”, declarou

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.