O NOVO PLAN DE MANTEMENTO CHEGOU XA A TRES DAS 47PARROQUIAS NAS QUE MELLORARÁ O ESTADO DUN TOTAL DE 189 VÍAS

 Cun investimento de 200.000 euros, o programa leva un mes en
execución. Comezou en Tabeirós, continuou por Parada e chega a
Moreira.
 A suma dos plans provinciais e autonómicos permitien este ano ao
Concello programar licitacións “en 75 vías de 33 parroquias”.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, aproveitou
esta semana o seu percorrido polo rural -as visitas que fai co arquitecto técnico
municipal para encamiñar o ambicioso proxecto de humanizacións que se financiará con
fondos europeos do Plan EDIL- para coñecer de preto o avance do plan de mantemento
de infraestruturas viarias que realizará arranxos en 189 vías municipais de 47 parroquias.
Este plan é unha novidade que se suma aos diferentes programas de asfaltados
deseñados para este exercicio. Cun investimento de 200.000 euros, enmárcase no Plan
+Provincia, financiado pola Deputación de Pontevedra. As obras levan
aproximadamente un mes de execución. Comezaron na parroquia de Tabeirós,
continuaron pola de Parada e nestes intres chegaron a Moreira. Así continuarán ata
pasar polas 47 parroquias que figuran no proxecto.
Dende o goberno estradense púxose hoxe o acento en que A Estrada conta cunha rede
viaria municipal asfaltada que supera os 1.000 quilómetros de lonxitude e que resulta
vertebradora e estratéxica para o desenvolvemento económico, social e territorial do
municipio. Neste senso, o alcalde estradense, Gonzalo Louzao, fixo fincapé en que
manter esta rede viaria en bo estado constitúe “unha actuación estratéxica para o tecido
empresarial e comercial do municipio”.
O mandatario asumiu que moitas destas vías urxen un arranxo en profundidade
mediante a reposición da totalidade do pavimento pero, no caso doutras, estímase que
podería ser suficiente coa realización de arranxos puntuais que permitan alongar a vida
útil da vía. É este o obxectivo do programa que se atopa en execución.
“Estamos executando neste momento o primeiro plan de asfaltados que licitamos hai
uns meses, pendentes de rematar obras en Vinseiro e Matalobos”, explicou Louzao.

Lembrou que a suma dos plans provinciais e autonómicos permitien este ano ao
Concello programar licitacións “en 75 vías de 33 parroquias”.
“Son moitas as vías que necesitan mantemento e somos conscientes de que o 2026 ten
que ser tamén un ano con un investimento importante nesta materia. Se este ano
investimos 2 millóns de euros, queremos investir outro tanto o ano que vén para
afrontar outras necesidades perentorias”, dixo o alcalde. “Mentres non chegan eses
asfaltados en quente, para que sexan duradeiros, activamos este bacheo nas vías en
peor estado. O que buscamos é mellorar a súa situación transitoria ata que cheguen os
asfaltados, que chegarán”, concluíu Louzao.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.