CONCELLO E EDUCACIÓN SUFRAGARÁN DE XEITO CONXUNTO OBRASNOS PAVILLÓNS DOS COLEXIOS DE OCA, CODESEDA E PÉREZ VIONDI

 A consellería e a administración municipal financiarán ao 50% os
150.000 euros que supoñen as reformas nestas tres instalacións.
 A actuación de maior calado é a do pavillón do CEIP de Oca, que require
unha renovación integral da cuberta.
 Xunta e Concello asinarán o convenio en 2026 e executarán as obras no
mesmo exercicio.
 O alcalde e o conselleiro repasan as accións en execución, caso da
importante reforma no Pérez Viondi ou das obras no Foxo e no IES
Manuel García Barros.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono,
mantivo esta mañá en Santiago unha reunión co conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez. O encontro programouse
para o repaso de obras que este departamento autonómico ten en execución en centros
de ensino estradenses e para abordar actuacións que se desenvolverán ao longo de
2026. É o caso da reforma que precisan tres pavillóns polideportivos doutros tantos
centros educativos, instalacións que son de titularidade municipal pero nas que a
consellería comprometeu hoxe colaboración económica.
Louzao e Rodríguez comezaron analizando importantes actuacións que Educación ten
en marcha na Estrada. Centraron a revisións nas obras dos colexios Pérez Viondi e O
Foxo, xunto coas do IES Manuel García Barros.
No caso do Pérez Viondi, o conselleiro trasladou ao alcalde que a obra que se está
executando está próxima a quedar rematada. A rehabilitación integral do CEIP Pérez
Viondi supuxo o cambio de 2.500 m² da cuberta do edificio principal, así como a
aplicación de material illante nas cámaras de aire, a substitución de falsos teitos, a
colocación de novas luminarias led e a substitución de caldeira de gasóleo por outra de
biomasa. A maiores, acometéronse obras de mellora da accesibilidade, reformas no
ximnasio e outras pequenas reorganizacións de espazos interiores, en función das
demandas do centro. O orzamento foi superior o millón de euros.

No CEIP do Foxo, a Consellería de Educación investiu 280.000 euros nunha mellora da
iluminación, da instalación eléctrica e dos falsos teitos. A actuación está xa rematada. No
García Barros foron outros 172.000 euros os investidos para mellora da accesibilidade
coa instalación dun ascensor.
Entrando xa na programación de obras para 2026, o alcalde puxo sobre a mesa as
peticións de mellora de tres pavillóns de titularidade municipal existentes nos colexios
de Oca, Codeseda de Pérez Viondi. Son todas elas instalacións deportivas empregadas
polo alumnado pero das que tamén pode facer uso a cidadanía en xeral fóra do horario
lectivo.
Convenio
As obras que requiren estes pavillóns supoñen un investimento de 150.000 euros. Aínda
que o seu mantemento é competencia do Concello, Louzao trasladou que o conselleiro
asumiu hoxe o compromiso de que Educación colabore no financiamento destas obras
ao 50%. Deste xeito, a consellería subscribirá un convenio de colaboración coa
administración municipal. Será asinado en 2026 e as obras executaranse nese mesmo
ano, aportando cada unha das partes 75.000 euros.
A obra de maior envergadura é a do pavillón de Oca, que require un cambio integral da
cuberta e a instalación de caleiros exteriores. Estímase que estas actuacións suporán
investir arredor de 90.000 euros
No pavillón do CEIP Pérez Viondi xa se estiveron facendo melloras. Aínda así, é necesario
realizar obras de drenaxe e imprimación dos muros, que se atopan nunha cota de terreo
máis elevada, para evitar as filtracións á instalación polideportiva. Tamén no pavillón de
Codeseda será preciso realizar melloras nun muro e evitar as actuais filtracións e
humidades.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.