O GOBERNO DE GONZALO LOUZAO SALDA TODA A DÉBEDA COSTRABALLADORES MUNICIPAIS POLOS ATRASOS DA RPT

 Foron 113 os traballadores que percibiron no mes de outubro este
abono, cun montante superior aos 2,7 millóns de euros.
 “A RPT trouxo unha mellora xeral e queremos pechar este capítulo dos
pagos pendentes aos traballadores”, sinala o alcalde.
 O importante pago asumiuse con cargo aos remanentes.
 “É un esforzo moi importante, pero os recursos humanos do Concello
tamén o merecen e iso repercute na calidade dos servizos que se prestan
aos cidadáns”, manifesta o rexedor.

O Concello da Estrada ten xa completamente
saldada a débeda contraída con traballadores da administración municipal polos atrasos
vencellados á Relación de Postos de Traballo (RPT).
O goberno que encabeza Gonzalo Louzao cumpriu o compromiso anunciado o pasado
mes de xuño, de xeito que os traballadores recibiron no mes de outubro dous pagos: a
contía principal nunha nómina extraordinaria e os intereses correspondentes nun abono
que se realizou xunto coa última mensualidade salarial. O global sitúase nos 2.787.000
euros.
Deste xeito, no pago extraordinario que os empregados públicos recibiron antes de
cobrar o salario de outubro abonáronse 1.719.586,52 euros, quedando para finais de
mes os intereses xerados e as cotizacións á Seguridade Social.
Louzao Dono recoñeceu que este esforzo realizado polo Concello ten a pretensión de
“pechar un capítulo” que non estivo exento de certa conflitividade laboral ao longo dos
últimos anos. O rexedor puxo o acento en que a “RPT trouxo unha mellora xeral e
ofreceu unha radiografía moito máis axustada á realidade dos postos de traballo no
Concello da Estrada”. “O goberno cumpriu cos traballadores”, manifestou.
En total foron 113 os empregados da administración municipal que percibiron estes
abonos no mes de outubro, correspondentes a atrasos xerados entre 2016 e 2021, cos
seus correspondentes intereses. Para facer fronte a este desembolso de xeito íntegro, o
goberno quixo aproveitar a existencia de remanentes, que atribúe ao resultado dunha
axeitada xestión económica.
“Queriamos pasar páxina e saldar estes atrasos pendentes. A débeda estaba recoñecida
e seguir dilatando o pago non faría máis que incrementar os intereses que tería que
asumir o Concello”, sinalou o xefe de o executivo local. “Estamos moi contentos de
rematar con este capítulo e agora toca seguir traballando”, engadiu.
Na reunión que o alcalde mantivo cos traballadores para anunciar a decisión de saldar
esta débeda nun único pago, o mandatario recoñeceu que “hai moitas cuestións que
atender” ás que se podería teren destinado estes remanentes. Porén, sinalou que se
asumiu cos traballadores que solucionar este conflito era unha cuestión prioritaria e se
quixo liquidar a débeda pendente de golpe, sen programar pagos rateados en varios
prazos, como se podería ter feito. “É un esforzo moi importante, pero os recursos
humanos do Concello tamén o merecen e iso repercute na calidade dos servizos que se
prestan aos cidadáns”, rematou o alcalde.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.