Ofrece tres novas convocatorias gratuítas dentro de programa
YoConecto, impulsado pola Fundación Cibervoluntarios.
A inscrición para o primeiro deles, de iniciación ao mundo dixital,
pecharase o vindeiro xoves.
O Concello de A Estrada ofrecerá tres novos cursos
gratuítos de formación dixital dentro do programa YoConecto, impulsado pola
Fundación Cibervoluntarios e financiado polos fondos Next Generation da Unión
Europea, a través do Ministerio para a Transformación Dixital. Trátase dunha iniciativa
pensada para achegar o mundo dixital á veciñanza, con especial orientación cara as
persoas maiores, buscando axudarlles a perderlle o medo á tecnoloxía.
As sesións serán moi prácticas e realizaranse en grupos reducidos, cunha metodoloxía
sinxela e acompañada. Durante estes cursos as persoas participantes poderán aprender
a realizar trámites coa administración (pedir cita no médico, descargar recibos ou
solicitar axudas); empregar aplicación útiles no seu día a día (caso de WhatsApp, mapas
ou apps de saúde); realizar compras e operacións bancarias en liña de forma segura;
falar por videochamada ou descubrir novas ferramentas para o lecer, a aprendizaxe e a
comunicación.
As formacións impartiranse de xeito presencial na Casa da Música, en horario de 10.00 a
13.00 horas. Cada curso terá unha duración total de 12 horas, repartidas en catro sesións
de tres horas. A calendarización dos curso é a seguinte:
•YoConecto L4. Iniciación ao mundo dixital, dirixido a maiores de 18 anos. Os días: 2, 4, 9
e 11 de decembro.
•YoConecto L1. Apps para xestionar trámites en internet. Dirixido a maiores de 60 anos.
Os días 20, 22, 27 e 29 de xaneiro.
•YoConecto L1. A túa banca dixital e compras seguras en liña. Dirixido a maiores de 60
anos. Días 3, 5, 10 e 12 de marzo.
As persoas interesadas poden inscribirse tanto de xeito telemático como no
departamento de Emprego e Orientación Laboral do Concello da Estrada, na primeira
planta do consistorio. Para ampliar esta información poden chamar ao 986 677 740.
Para o curso de decembro a data límite para inscribirse será o vindeiro xoves, 13 de
novembro. Para o curso de xaneiro haberá que anotarse antes do día 2 dese mesmo mes
e para o de marzo a inscrición pecha o 12 de febreiro.
Para que a actividade poida realizarse é preciso contar con 10 persoas inscritas en cada
curso.






































