“As imaxes falan por si mesmas e esixen unha
resposta inmediata”. O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, chegaba esta mañá ao
consistorio directo do aeroporto e reaccionaba así ás humidades observadas no novo
edificio xudicial da Baiuca. O rexedor recoñeceu que non puido estar presente no
traslado dos traballadores ata estas novas dependencias e que, ata o de agora, nada
sabía das filtracións observadas en diferentes estancias do agardado inmoble. Porén
estimou que a situación require cominar de xeito inmediato á empresa a que solvente os
problemas de humidade que se evidenciaron no ennegrecido dalgunhas paredes e na
presenza de auga na zona dos calabozos.
“Resulta evidente que nin a consellería nin o Concello executan a obra, así que o feito de
que houbese un problema de filtracións, polos motivos que sexan, excede das
responsabilidades e, seguramente, do coñecemento da administración ata o de agora”,
apuntou Gonzalo Louzao. “En todo caso, o que si corresponde é esixir responsabilidades
ás adxudicatarias, porque calquera pode entender que unha obra que non chegou a
estrearse non pode estar nestas condicións”, engadiu.
O alcalde estradense xa se puxo en contacto coa Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de
Galicia para interesarse por esta situación e urxir a que se tomen as medidas oportunas
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
para que as condicións deste novo edificio, chamado a unir baixo un mesmo teito as
dúas salas do partido xudicial da Estrada e a facilitar o día a día aos traballadores e aos
cidadáns que se achegan ata estas dependencias, sexan o máis confortables posibles e
estean á altura do investimento que requiriron. “A Xunta vai actuar e esixirá
responsabilidades á empresa, como xa lle confirmou a algún dos medios de
comunicación que publicaron estas imaxes”, apuntou.
“Non é nada sorprendente que aparezan problemas cando se executa unha obra desta
envergadura. Calquera o pode comprobar mesmo a nivel doméstico. É algo asumible e
estamos moi a tempo de pedir que, a quen lle corresponde poñer solución, o faga de
xeito áxil e efectivo”, apuntou o alcalde da Estrada. “Para iso están os prazos e as
garantías”, apostilou.
O alcalde aproveitou a ocasión para pedir que unha situación reparable coma esta non
empañe o verdadeiramente importante: “o valor que ten o que supón estra obra”.
“Pasamos a ter na Estrada unhas instalacións de primeiro nivel para usuarios e
traballadores, que poñen fin a unha situación anómala na que dúas salas xudiciais dun
mesmo partido estaban en sedes diferentes”, sinalou Louzao Dono. “Temos que
lembrar, ademais, que a construción deste edificio xudicial supón, por si mesmo, o
respaldo ao propio partido xudicial que capitaliza A Estrada. Non esquezamos que
quedou reducido a só dous municipios: A Estrada e Forcarei. A aposta que fixo a Xunta
construíndo este edificio é un aval para nós na planta xudicial e iso convén telo tamén
presente”, concluíu.







































