O sector trasladoulle ao director xeral de Gandaría, Agricultura e
Industrias Forestais a demanda de mazá existente e a necesidade de
avanzar polo camiño da mecanización dos pomares.
Sinalan a conveniencia de renovar as plantacións e incorporar patróns
compatibles cunha recollida mecanizada.
A vertente turística da sidra, outra aposta decidida para conformar unha
“alternativa económica viable”
Representantes do sector estradense da mazá e
da sidra mantiveron este mediodía unha reunión co director xeral de Gandaría,
Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, para facer balance da
experiencia da viaxe de transferencia tecnolóxica recentemente realizada a explotacións
de Asturias, Cantabria e o País Vasco. Ao encontro asistiron tamén o alcalde, Gonzalo
Louzao, e o concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, que semanas atrás
quixeron acompañar aos produtores locais no arranque desta experiencia.
“Hai demanda de mazá”, afirmou o técnico da asociación Maceira e Sidra, Miguel Soto.
Sinalou que o sector puido pulsar esta demanda nas sidrerías asturianas e vascas, unha
situación que fixeron extensible á propia solicitude do grupo empresarial Hijos de Rivera
para a elaboración da sidra ecolóxica que se comercializa baixo a denominación Maeloc.
O sector trasladoulle ao representante da Consellería de Medio Rural que esta situación
amósalles a necesidade de avanzar polo camiño da mecanización, incidindo
especialmente na incorporación desta maquinaria para efectuar a recollida da mazá, xa
que se enfrontan en cada tempada á escaseza de man de obra.
Renovación
A isto engadiron o feito de que “a maioría das plantacións teñen máis de 20 anos, polo
que se precisa facer novos cultivos e que o marco de plantación polo que se aposte
permita a mecanización”.
Xa en referencia á produción de sidra, o sector entende que o camiño a seguir inclúe a
aposta pola vertente turística da sidricultura, ao obxecto de conformar “una alternativa
económica viable”. Propuxeron nesta liña combinar a Ruta da Sidra pola que apostou o
Concello da Estrada co desenvolvido no programa Camiño da Sidra por parte de
asturianos e vascos.
Optimizar as producións, coñecer as novas tendencias na elaboración de sidras e
profundar no aproveitamento da vertente turística da sidricultura foron os tres eixos
que marcaron a viaxe de transferencia tecnolóxica que produtores de mazá e sidra da
Estrada realizaron co respaldo Xunta de Galicia a través da súa pola Dirección Xeral de
Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.
Balseiros acolleu as explicacións ofrecidas este domingo polos produtores,
interesándose por varias cuestións relatadas a raíz da observación directa e dos
contactos e intercambios profesionais que obtiveron a través desta enriquecedora
experiencia.







































