MANUEL MAGARIÑOS ASUME RESPONSABILIDADES NA FUNDACIÓN DEEXPOSICIÓNS POR DELEGACIÓN DO ALCALDE E VICEPRESIDENTE

 Louzao asigna, seguindo os estatutos da entidade, competencias “en
aras de buscar unha maior coordinación e unha xestiós máis ordenada”.
 Esta delegación non debe confundirse cunha xerencia e non ten parella
percepción económica algunha.
 O padroado aproba o calendario feiral para o próximo ano, que
arrancará en marzo cunha Feira de Oportunidades do Comercio.

O recinto feiral da Estrada acolleu a primeira hora
desta mañá a última reunión anual do Padroado da Fundación de Exposicións e
Congresos. No marco desta sesión, o alcalde, Gonzalo Louzao Dono, realizou unha
delegación de funcións en calidade de vicepresidente desta entidade en favor do
concelleiro Manuel Magariños Maceiras.
O Padroado da popularmente coñecida como Fundación do Moble está composto por
representantes da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello da Estrada e
Cámara de Comercio de Vilagarcía. “En aras de buscar unha maior coordinación e unha
xestión máis ordenada escollemos a unha persoa que poida ter máis dedicación, polo
que deleguei neste edil o que vén recollido nos estatutos da propia Fundación”, explicou
o dirixente local.
En concreto, os estatutos recollen no artigo referido ao vicepresidente primeiro da
Fundación de Exposicións e Congresos (o alcalde da Estrada) a capacidade de delegar as
funcións que ten atribuídas para dispoñer de gastos e ordenar pagamentos; convocar
reunións do comité executivo (que seguirá presidindo Gonzalo Louzao) e asinar, en
representación do Comité, todos aqueles contratos ou actos que el mesmo acordase
concluír dento do ámbito das súas competencias.
“Buscaba unha persoa que tivera ese perfil con capacidade de coordinación e xestión e
atopámolo na persoa de Magariños”, explicou o alcalde. Aclarou tamén que o que se
busca é gañar en operatividade e axilidade na toma de determinadas decisións propias
do día a día da Fundación estradense. Incidiu en que este papel de Magariños como
responsable por delegación do vicepresidente non ten que confundirse, en ningún caso,

cunha xerencia e aclarou asemade que estas funcións non teñen aparellada una
percepción económica.
Por outra banda, o Padroado aprobou o orzamento de 2026 (que xa gse recolleu no
marco dos orzamentos autonómicos) e tamén o calendario feiral para o vindeiro
exercicio. Arrancará en marzo coa 14ª Feira de Oportunidades do Comercio (días 13,14 e
15 dese mes) e continuará co 10º Salón do Vehículo de Ocasión (abril), a 4ª Feira
Multisectorial ExpoEstrada (23 e 24 de maio) e a 38ª Feira do Moble de Galicia (do 17 ao
20 de setembro), xunto con tres edicións da Feira de Antigüidades e o 12º Salón Motor
Classic do mes de decembro

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.