LOUZAO ACOMPAÑA AOS VECIÑOS DE GUIMAREI NA RECUPERACIÓNDO CRUCEIRO QUE FORA DERRUBADO NUN ACCIDENTE DE TRÁFICO

 O alcalde aplaude o resultado dos traballos de restauración, que foron
asumidos pola Consellería de Cultura.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono,
acompañou este domingo aos veciños da parroquia de Guimarei nas celebracións que
serviron de pano de fondo para a recuperación do seu cruceiro, derrubado hai case catro
anos durante as manobras que realizaba na zona unha pala.
Dende o mesmo momento no que se produciu o accidente con este elemento do
patrimonio local, os veciños puxeron todo o seu empeño en garantir a súa recuperación.
As pezas do cruceiro foron retiradas a acopiadas nos almacéns do Concello, ao obxecto
de asegurar a súa preservación.
O alcalde estradense quixo agradecer publicamente este domingo a disposición da
Consellería de Cultura e súa imprescindible axuda para a restauración desta peza. O
rexedor mediou ante o departamento para a busca dos fondos necesarios para estes
traballos profesionais, moi desexados polos veciños da parroquia, que ata chegaron a
construír un cruceiro de madeira para substituír temporalmente a peza derribada. Un
equipo de restauradores e un canteiro realizaron nas últimas semanas unha tarefa de
recuperación, que permitiu devolver a Guimarei o seu cruceiro orixinal.
O xefe de executivo local quixo tamén louvar a sensibilidade amosada polos veciños e
aplaudiu o resultado dos traballos realizados. Sumándose ao sentir expresado durante
as celebracións deste domingo, na honra do patrón San Xiao e de Santa Lucía, o alcalde
recoñeceu que “parece que o cruceiro non sufriu accidente”.
O tempo non permitiu a procesión prevista, pero non impediu que Guimarei a comisión
de festas e os veciños desta parroquia da Estrada conmemorasen o retorno deste
cruceiro ao lugar que lle corresponde.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.