O ALCALDE REALIZA VISITAS ÁS PARROQUIAS NO DESEÑO DUN NOVOPLAN DE ASFALTADOS NO QUE SE INVESTIRÁN 2 MILLÓNS DE EUROS

Estanse valorando as necesidades in situ e tomando medicións para
priorizar as intervencións máis urxentes neste novo proxecto.
 Antes de que esta planificación se licite e se leve a execución terán que
comezar as últimas obras deseñadas en 2025, que chegarán a pistas de
23 parroquias.
 Mañá celebrarase a mesa de contratación, de xeito que haberá traballos
neste primeiro trimestre.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, continuou
hoxe a rolda de visitas que emprendeu o venres a distintas parroquias do amplo rural
municipal, un percorrido que ten como obxectivo valorar sobre o terreo necesidades na
rede municipal de infraestruturas de comunicación. Estas visitas que o alcalde realiza
con persoal técnico municipal permiten estudar e priorizar as actuacións que serán
incluídas nun novo plan de asfaltados rurais para os que se programa un investimento de
dous millóns de euros.
“O venres estivemos facendo a medición de pistas prioritarias nas parroquias da zona
sur, dende o casco urbano, do concello”, explicou Louzao Dono, que sinalou de este
mércores o percorrido se centrou na zona sueste . “Estamos vendo in situ as necesidades
e problemas de acceso aos núcleos para incorporalas no orzamento e no proxecto de
asfaltados rurais, doutros dous millóns de euros”, sintentizou.
Asumiu o rexedor que A Estrada posúe moitos núcleos de poboación e que,
necesariamente, isto ten que traducirse na reserva de cuantiosos fondos para a mellora
da súa rede viaria. “Pero é necesario e constitúe unha prioridade para este goberno”,
dixo.
O mandatario avanzou a intención de que, contando con fondos da Xunta, da
Deputación de Pontevedra e do propio Concello, se poida “estar en obra no verán para
que e poidamos mellorar pistas cuxa situación esixe unha intervención prioritaria”.
En todo caso, o alcalde da Estrada puxo hoxe o acento en que, antes de que se execute o
proxecto no que se traballa para este 2026, teñen aínda que realizarse as melloras do

último programa deseñado no 2025, un proxecto de pavimentacións en vías de 23
parroquias, financiadas con fondos do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra e
que se achegarán aos 800.000 euros de investimento. A mesa de contratación será xa
mañá, de maneira que se agarda o inicio dos traballos neste primeiro trimestre do ano.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.