A homenaxe trasládase finalmente ao MOME para poder ampliar o
aforo.
O Concello busca recoñecer a contribución deste veciño de Arnois á
conservación da figura do cura como unha das pezas do Entroido da
Ulla.
A programación de Entroido deseñada polo Concello
da Estrada arrancará este venres, ás 20.00 horas, cunha homenaxe ao humorista
estradense Antonio Giao Caramés, máis coñecido polos veciños e veciñas como Padre
Xiao. Os actos programados para conmemorar os 40 anos transcorridos dende o
nacemento deste personaxe, tan propio xa da tempada entroideira na Estrada, foron
finalmente trasladados ao MOME (inicialmente estaban previstos na Casa das Letras)
para teren a posibilidade de ampliar o aforo. Arrancará ás 20.00 horas.
O acto estará presentado e conducido por Pablo Chichas. Terá entre os elementos
protagonistas a proxección dunha peza audiovisual elaborada por Tres Ínsuas na que se
condesa a traxectoria deste veciño de Arnois, que comenzou a súa andadura como
Padre Xiao ben novo, con só 14 anos, e cuxos sermóns irónicos arrancan as gargalladas
na Estrada e noutros lugares durante o Entroido.
O obxectivo destes actos é render un recoñecemento público á valiosa contribución do
Padre Xiao para a conservación e potenciación da figura do cura como unha das pezas
destacadas do Entroido da Ulla. Giao Caramés axuda con isto á preservación dun
patrimonio cultural inmaterial con profundas raíces nestas terras.
O vídeo estará trufado de declaracións de diversas persoas centradas neste mítico
personaxe e do propio Xiao, que será entrevistado por Pablo Chichas ao remate da
proxección.
Con esta homenaxe arrancará o programa do Entroido no Concello da Estrada, que
incluirá tamén na noite do venres o escape room urbano “O refuxio do Xeneral”, entre as
20.00 e as 24.00 horas.
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
Xa o sábado, ás 17.00 haberá baile de disfraces infantil, con xogos e merenda, no
segundo andar do Novo Mercado. Moi preto, na residencia de maiores, haberá tamén
baile de disfraces, dende as 17.30.







































