O último informe de Automovilistas Europeos Asociados (AEA) estima
este tramo como punto negro e sitúao entre as estradas máis perigosas
de Galicia.
“O que alarma neste punto é que estes sinistros están vencellados a
atropelos, producidos en pasos de peóns, no atípico paso dunha estrada
nacional por un casco urbano como o da Estrada”, subliña o alcalde.
O Concello remitiu de xeito sucesivo e sen resposta peticións e informes
da Policía Local, nos que se incluían propostas para tentar rebaixar esta
sinistralidade.
“Pedímolo por activa e por pasiva; de viva voz e con
informes, e non nos imos cansar de repetilo porque é unha preocupación que
compartimos con moitos veciños e veciñas da Estrada: a travesía urbana da N-640
precisa medidas urxentes que incrementen a súa seguridade”. Se semanas atrás o xefe
do executivo estradense, Gonzalo Louzao Dono, poñía o acento no mal estado do firme
desta estrada nacional ao seu paso polo termo municipal, hoxe a súa reclamación
pública centrouse na perigosidade do discorrer desta vía pola capital estradense, en
especial para os peóns. O mandatario fíxoo despois de que se publicase (o día 15 de
marzo) o último informe do colectivo Automovilistas Europeos Asociados (AEA), que
estima este tramo como punto negro e sitúao entre as estradas máis perigosas de
Galicia.
Cómpre sinalar que a clasificación recollida no informe de AEA, unha asociación de
automobilistas sen ánimo de lucro, está confeccionada en base ao Índice de
Perigosidade Medio (IPM) obtido polo Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda
Urbana. Dito informe apunta directamente ao punto quilométrico 204 da N-604,
coincidente coa travesía urbana. Recolle unha Intensidade Media Diaria (IDM) de 5.158
vehículos, un índice de perigosidade de 135,3 e 12 feridos ou falecidos en 11 accidentes
durante o período analizado.
“O que alarma neste deste punto conflitivo da N-640 na Estrada é que estes sinistros
están vencellados a atropelos producidos no atípico paso dunha estrada nacional por un
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
casco urbano como o da Estrada”, subliñou Gonzalo Louzao. Falamos, ademais, de
atropelos case todos rexistrados en pasos de peóns, que deixan feridos de gravidade e
nos que tamén temos que lamentar falecidos”, incidiu o alcalde.¡
O rexedor lembrou que o Concello remitiu de xeito reiterado á Unidad de Carreteras del
Estado sucesivas peticións de actuación para reducir esta sinistralidade, apoiados en
informes da Policía Local nos que, ademais de advertir do perigo na travesía urbana da
N-640, se puxo o acento nas deficiencias en materia de sinalización e se propuxeron
medidas para rebaixar o número de accidentes e, nomeadamente, os atropelos.
No Congreso
“A día de hoxe seguimos sen máis resposta por parte do Goberno Central que o feito de
que non consideren que a nosa travesía sexa un Tramo de Concentración de
Accidentes”, apuntou o alcalde. “A nosa preocupación, compartida por moitos
estradenses, ignórase co escudo da súa estatística”, lamentou.
Louzao Dono fixo esta referencia en alusión á resposta que o Goberno ofreceu ao grupo
do Partido Popular no Congreso dos Deputados en decembro de 2024. O Executivo
contestou que “non existen actualmente tramos de concentración de accidentes na
N-640 na provincia de Pontevedra e, por tanto, tampouco no termo municipal da
Estrada”. A resposta acompañouse da afirmación de que se reforzara a seguridade nos
pasos de peóns con novas marcas viais e balizas que impiden estacionar nos 10 metros
anteriores a cada paso.
A mesma contestación incorpora, a petición dos deputados do PP, a relación de
accidentes con vítimas entre 2019 e 2023 e no tramo comprendido entre os puntos
quilométricos 202++00 e 206+000 da N-640 ao seu paso pola Estrada. En 2019 foron 10,
con outra vítima en 2020 e outra máis en 2021. No ano 2022 figuran 4 e outras 6 en 2023.
Propostas
Por outra banda nos referidos informes policiais estímase que a regulación semafórica
de todos os pasos de peóns na N-640 non sería a solución máis axeitada para non
complicar, aínda máis, a circulación por esta vía xa que, nalgúns casos, a distancia
existente entre os pasos de peóns é moi pequena. Pola contra, a Policía Local suxeriu o
pintado dos pasos de peóns con colocación de sistemas luminosos na calzada; o pintado
de liñas quebradas ou “dentes de dragón” na zona de influenza dos pasos con
dispositivos de redución da velocidade ou a sinalización vertical con dispositivos
luminosos.
O feito de que a día de hoxe, en ausencia da reclamada circunvalación, o casco urbano
da Estrada continúe atravesado de extremo a extremo por unha estrada nacional fai que
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
conviva un elevado tráfico diario coa alta presenza de peóns propia dun casco urbano
do tamaño do estradense, capital municipal e comarcal.
Outras observacións
Por outro lado, os informes da Policía Local remitidos á citada unidade do Estado en
relación á N-640 tamén suxeriron actuacións de mellora da seguridade desta vía na
Avenida de Pontevedra ou a conflitividade que esta estrada presenta á altura do lugar
de Ponteliñares, na parroquia de Callobre.
No caso da Avenida de Pontevedra, os axentes refírense á nova rotonda e ao carril de
servizo da área comercial, apuntando confusión para os usuarios e a falta de sinalización,
ademais de reclamar unha prohibición que impida o cambio de sentido a final do carril
de servizo en dirección Pontevedra.







































